domingo, 10 de marzo de 2013

Paseo pola Costa Oeste

Bo e chuvioso domingo! Como apetece quedarse en cama, con mantita, palomitas, peli e novio :) Peeero hai que ir traballar, un día explicareivos ;)
Quería compartir convosco a miña nova, que non última, tatuaxe. Unha vez máis o meu paseo foi totalmente satisfactorio, o trato xenial, as tatuaxes...un arte. Fai moito tempo que tiña esta idea na cabeza, pero quizais pola lenda urbana de que na zona onde quería facerme o deseño era moi dolorosa e demais non me animaba...pero un día destes de arroute, dixen: Alá imos! Sí, teño que recoñecer que na zona onde está ubicada é algo dolorosa, de todas as tauaxes que teño esta sen dúbida foi a que máis molesta foi, a pel é fina e ao estar entre o peito e as costelas hai moitos puntos sensibles. A curación molesta, pero totalmente soportable. Supoño que para as mulleres será algo máis engorrosa polo feito de levar sostén , pero vale a pena.
Esta tatuaxe ten moito, moitisimo significado para min...para resumirvos, se teño que definilo sería: O equilibrio perfecto, o equilibrio imposible. A vida sempre che ensina que non hai luz sen oscuridade, non hai ben sin mal, non existe un ying sen un yang. Espero que vos guste! Deixovos esta canción e feliz domingo :)

1 comentario:

  1. que chulo!!! me encanta! y que bonitas palabras...totalmente de acuerdo guapa!
    Un saludo
    Angela
    Bicos! ;)

    ResponderEliminar