miércoles, 27 de febrero de 2013

Anything you want. Everything You want



Make a wish and place it in your heart .Anything you want. Everything you want. Do you have it?Good. Now believe it can come true. You never know where the next miracle is going to come from. Or the next smile. Or the next wish come true. But if you believe its right around the corner and you open your heart and mind to the possibly of it. To the certainty of it.You just might get the thing you are wishing for.The world is full of magic you just have to believe in it.So make your wish. Do you have it? Good. Now believe in it. With all your heart.

Pide un desexo e gárdao no corazón. Calquera cousa que queras. Todo o que queras. Télo? Ben. Agora cre que pode converterse en realidade. Nunca sabes cando acontecerá o próximo milagre, ou o próximo soriso...o próximo soño convertido en realidade. Se cres que pode estar ao dobrar a esquina e abres o teu corazón e a túa mente para que poida ser así. Só tes que loitar polo que soñas. O mundo está cheo de maxia só tes que crer nela. Daquela, pide un desexo. Télo? Ben. Agora cre nel con todo o teu corazón.

Peyton, Lucas, Brooke, Nathan, Haley

One Tree Hill




Little Children


A miña referencia por autonomasia. Excelente actriz, preciosa por fóra e por dentro. Increíble voz e xenial blogera. Coñecina en One Tree Hill como actriz e como cantante. Foi unha conexión instantánea, encantábame a súa personaxe...a preciosa historia Naley e a sobre todo a súa música. O interese cada vez foi maior e as novas tecnoloxías fan que inda que sexa via internet podemos sentirnos máis cerca dos nosos artistas seguindo os seus blogs. Se non a coñecedes invítovos a coñecela como actriz nas nove tempadas de One Tree Hill, como bloggera en www.bethanyjoy.com e como cantante déixovos esta canción que leva todo o día na miña cabeza.


Cálida Trinchera



Akward. A moza invisible. É unha das series de éxito da MTV. É unha moza que pasa de ser totalmente descoñecida a ser os dimes e diretes de todo o instituto. Eu xa vai moito tempo que deixei o instituto e relamente non sinto unha identificación con ela nese aspecto, inda que todos na nosa adolescencia pasamos por ese trance. O que realmente me chamou a atención desta series é que a protagonista escribe un blog, non como bloggera, máis ben coma un diario persoal. Hai que ser moi valientes para exporse dese modo cara os demais, volcar todo o que ten un e que a xente opine. Pois algo parecido estou comezando a facer, a pesar de ser totalmete inestable neste aspecto, sempre acabo por abandonar as cousas que comezo...Vai moito tempo que preciso un cambio, non sobre os demais, sobre min mesma...e este pode ser un bo comezo.